
A sexta edición da feira de produto gourmet galego
ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora
celebrarase os días
12, 13 e 14 de novembro de 2022
NO RECINTO FEIRAL DE PONTEVEDRA
Sábado, domingo e luns
ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.
Estamos quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.
Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias.
A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.
Etiqueta Negra é un dos eventos gastronómicos máis destacados do país
A gastronomía galega é todo un referente e un importante motor da nosa economía. Os nosos produtos son sinónimo de calidade, tradición e autenticidade; produtos de gran calidade artesanal, pero ao tempo contemporáneos e innovadores, elaborados coa mellor materia prima e con sabor auténtico a Galicia; produtos que identifican un territorio, traspasan fronteiras e son demandados nos principais mercados estatais e do estranxeiro.
En Galicia comer sempre é un pracer. Galicia é despensa, pero tamén cociña.
Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora reunirá por quinto ano en Pontevedra e nun mesmo espazo, a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos delicatessen e gourmet galegos. Será o mellor escaparate para presentar o gran potencial deste mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.
Punto de Encontro Profesional
Servizo de reunións profesionais
Poñemos en contacto a produtores e distribuidores no mesmo recinto da feira e durante os tres días. Para iso tes á túa disposición o servizo de reunións, que sen custo algún, ofrece aos profesionais inscritos a posibilidade de reunirse cos expositores de maneira simple, áxil e organizada; ademais de acceso ilimitado á feira.
Novas
Etiqueta Negra pecha a súa quinta edición cun balance moi exitoso
A pandemia e ao cambio de datas motivado por ésta, non afectou a Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora, que pechou as súas portas con case 5.500 visitantes. Un dato moi destacable que ratifica a puxanza do sector gourmet galego entre o público...
Un centenar de produtores participarán na quinta edición de Etiqueta Negra
O programa da feira do gourmet galego contempla degustacións, cociña en vivo, catas comentadas, presentacións de produtos e outras moitas actividades arredor das delicatessen galegas. O recinto feiral de Pontevedra acollerá a quinta edición do evento os días 10, 11 e 12 de decembro de 2021.
Etiqueta Negra pasa a celebrarse de venres a domingo, tres intensos días para a exhibición do gourmet galego
É unha das novidades (que non a única) da edición deste 2021: Etiqueta Negra seguirá tendo tres días de celebración, pero desta volta múdase a xornada laborable.
Envíanos os teus datos para acreditarte.
Para profesionais do sector e medios de comunicación
Enche todos os campos e escribe o resultado da suma antes de premer enviar.