Información de utilidade
PROGRAMA
2022
Cómo chegar e onde aparacar
A feira celébrase no recinto Feiral de Pontevedra que está anexo ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Xunto a ponte dos tirantes a carón do río Lérez. Non ten Perda!
Podes usar o aparcadoiro da explanada superior do Recinto Feiral, o aparcadoiro gratuíto fronte ao estadio dos deportes ou os aparcadoiros que atoparás nas dúas beiras do río Lérez.
Etiqueta Negra. ENTRADA
Feira Etiqueta Negra. ENTRADA
Aparcamento EXPOSITORES
Aparcamento para EXPOSIOTORES
Aparcamento VISITANTES
ZONA DE APARCAMENTO
ZONA DE APARCAMENTO
A1 Ánades Galicia
A2 Paladar Queso
A3 CroketasD’
A4 Baronceli Agricultura Orgánica
A5 Viravolta cocina retornada
A6 – A11 LALÍN SABE
Do Gaiteiro, De Liñares, Licores Pousa, Pridem’s Queixería Dona Cobiña O Muíño de Cuíña
A12 O Mosteiro Luis Fernández
A13 Aceites Embruxo
A14 Traloagro
A15 CienPorCel
A16 – A19 100 % Feito en Galicia
Cachenas de San Breixo Granxa Aeiroá Gandaría Balín Gandaría O Agro
A20 Cervexas Meiga
B1 Algas La Patrona
B2 E l abuelo Lelo
B3 Asolagados e Adega Ardán
B4 A Factoría do Lume Co.
B5 Embutidos Valentina gourmet. Escairón
B6 Tierra de Alebrijes
B7 Casa da Avoa
B8 Xeou!
B9 Povarelo
B10 Sofragal S. Coop. Galega
B11 Alcrique Soc. Coop. Galega
B12 Melsacra
B13 ValdaBella Group B14 Xacobleas
C1 Casa Donicio
C2 Capitán Alga
C3 Bodega Gil Armada
C4 Xianas
C5 Licores Barbudos
C6 As Camposeiras
C7 Perusiñas
C8 Torta de Sarria
C9 Doziños de Padrón C10 Dalario
D1 Pepa A Loba
D2 Hidromel Fenrir Galicia
D3 Adega Sergio Álvarez
D4 Adegas Terra de Asorei
D5 Adega Pateira
D6 Queixo D.O.P. Cebreiro Castelo
D7 Campo Capela
D8 Casa Zolle
D9 Mel Aialma
D10 Alicia’s cake
E1 – E2 Deleite
E3 Queixos Brigantia
E4 Habelas Hailas Licores
E5 Casa Baltar
E6 Orballo
E7 Essenzo Cacao
E8 Yanten Vegan Foods
E9 Grupo Chupipostres
E10 Super Nutti
E11 Tetereta
E12 Auténtica Ourensá
E13 Lorri – Salsas y condimentos
E14 Terras da Mariña, Soc. Coop. Galega
E15 La Despensa D’Lujo
E16 Caracoles e conservas Do Gallo
E17 CIFP Carlos Oroza
E18 indo e vindo
E19 Bico de Xeado
ESPAZO GASTRO
F1 Café Aruba
F2 100 % Feito en Galicia Foodtruck
F3 Cus Cus foodtruck
F4 La Cuchara Veggie
F5 Galetruck
Espazo Feiral
Estábicado no núcleo central da feira. Nos distintos stands poderanse atopar viños, licores, vermús, cervexas e outras bebidas sorprendentes como hidromel e refrescos 100% naturais, cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, produtos de quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, algas, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, salsas e aderezos, pans e empanadas e un sen fin de delicias que farán gozar ao padal.

Anfiteatro
Espazo onde se desenvolven os showcookings de cociña e outros eventos de máximo interese.

Espazo Etiqueta
Onde van ter lugar as actividades de formación e presentacións de produtos. Tamén é o lugar onde se van desenvolver os talleres de cociña. As actividades do Espazo Etiqueta requiren de inscrición previa que se realizará na propia feira. Os talleres requiren de inscrición e pago previo, a través da web etiquetanegragourmet.com.

Zona de Catas
Espazo que contará cunha intensa programación continua. Desde as 11.30 h horas, e en quendas de 30 minutos de duración, os produtores empregarán esta zona para as demostracións, degustacións e catas comentadas de produto. As actividades da Zona de Catas requiren de inscrición previa que se realizará na propia feira.

Zona de Comida
Como a feira ten horario ininterrumpido (o sábado e domingo de 11.00 a 21.00 h e o luns, ata as 20.00 h) para aquelas persoas que desexen pasar todo o día con nós descubrindo sabores, exquisiteces e rarezas, temos unha zona onde se poderá xantar e na que haberá foodtrucks con interesantes propostas.

Punto de Encontro Profesional
Etiqueta Negra é tamén unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Neste espazo de uso exclusivo para os expositores e profesionais, e ao longo das tres xornadas de feira, desenvolveranse numerosas reunións dos expositores con exportadores, distribuidores, tendas gourmet, restauradores, etc, como apoio ao acceso en novos mercados e a expansión dos seus negocios.

INFORMACIÓN
XERAL
- Prezo da entrada para 1 día: 3€ - Abono para 3 días: 5€
- Actividades con capacidade limitada. Consulta en cada espazo a capacidade para cada actividade en particular.
- As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades desenvolvidas na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta.
- As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol ou á Viñoteca.
- As persoas menores de 12 anos non pagan entrada á feira.
PASOS PARA ASISTIR ÁS ACTIVIDADES NA
ZONA DE CATAS e VIÑOTECA
- Inscríbete na ZONA DE CATAS ou na VIÑOTECA
desde unha hora antes do inicio da cata.
Consulta a programación e os horarios. - Realizada a inscrición, é imprescindible que
TE PRESENTES na Zona de Catas ou na Viñoteca 5 minutos antes do comezo da actividade para ratificar a túa praza. De non ser así, disporemos da praza para a lista de espera. - Se estás na lista de espera, recomendámosche que acudas igualmente 5 minutos antes do comezo, por se finalmente houbese vacantes.
PASOS PARA ASISTIR ÁS
SESIÓNS DE TÉ
- Cómpre inscribirse previamente na
TETERÍA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA
PASOS PARA ASISTIR ÁS ACTIVIDADES DO
ESPAZO ETIQUETA
*Actividades gratuítas
- Inscríbete no Espazo Etiqueta desde unha hora antes do inicio da actividade.
- Realizada a inscrición, é imprescindible que te presentes no Espazo Etiqueta CINCO MINUTOS ANTES do comezo da actividade para ratificar a túa praza. De non ser así, disporemos da praza para a lista de espera.
- Se estás na lista de espera, recomendámosche que acudas igualmente 5 minutos antes, por se finalmente houbese vacantes.
**Cursos e talleres de pago
- Podes inscribirte e pagar a través da páxina web https://billeteira.etiquetanegragourmet.com/billeteira/ ou, se quedan vacantes, no propio Espazo Etiqueta desde unha hora antes do comezo da actividade.
- Para participar no taller ou curso, deberás amosar
o ticket que che enviaremos por correo electrónico,
ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder. - Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta CINCO MINUTOS ANTES de que comece a actividade.
- O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO.
Consulta todos os termos e condicións en www.etiquetanegragourmet.com/termos-e-condicions.