Expositores

 

O mellor do gourmet galego nun único lugar

En novembro de 2025, decenas de expositores volverán presentar as súas liñas de produto gourmet. Marmeladas, cervexas, viños, queixos, aceites, cafés, licores, sidras, galletas, patés, carnes, salsas e aderezos, tortas e doces, conservas, embutidos, algas, innovación… Todo nun recinto de máis de 4.000 m2.

O prazo para participar como expositor xa está aberto. Se queres participar podes enviar un correo a comercial@etiquetanegragourmet.com ou chamar ao 669 459 453

Expositores 2025

Neste listado -que iremos actualizando periodicamente- podes ir vendo os expositores que, a día de hoxe, xa formalizaron a súa presenza na Feira.

  • Sofragal, S. Coop. Galega
    Transformación de castaña e elaboración de produtos
  • Bico de xeado
    Fabricación e venda de xeado artesán
  • Adega Buezas
    Adega: elaboración de viños, escumosos e vermú. 100 % albariño de Sanxenxo
  • Xacobleas
    Elaboración de obleas de trigo e chocolate
  • Paladarqueso
    Centro de maduración agrosostible de queixos
  • Cacahuetes artesáns
    Tostadoiro artesán de froitos secos e cacahuete
  • Xeou!
    Xeados artesáns
  • Mare Monte Setas
    Venda de cogomelos en conserva e patés premium
  • Doziños
    Caramelos gourmet
  • Aceite Galego Embruxo
    Produción e venda de aceite e aceitunas
  • A Morena
    Marmeladas e conservas vexetais
  • Mamá Teresa, doces artesáns
    Doces elaborados de xeito artesanal con materias primas de primeira calidade. Os nosos doces son resultado de tradición e innovación.
  • Morriñas de castaña
    Elaboración e comercialización de galletas de castaña
  • Autóctonas Gourmet:
    CienPorCel e O Agro

    Carnes e derivados de porco celta e vaca frieiresa
  • Oxóco
    Chocolates Artesanais con sabor a Galicia
  • Galletas Xianas
    Obradoiro de galletas
  • A Factoría do Lume
    Elaboración e venda de salsas e produtos picantes
  • Queserías del Eume
    Fabricantes e distribuidores de queixo
  • Lácteos Bretón
    Fabricación de queixos frescos e curados
  • Jamones González
    Elaboradores artesáns de produtos cárnicos derivados de porcino
  • Ánades Galicia
    Cría de patos e elaboración de foie gras, confits, xamón de pato e fabas con pato
  • Trasdeza Natur
    Produción ecolóxica e deshidratado de froitas e hortalizas
  • Pandejuevo
    Galletas e doces artesáns feitos na Costa da Morte
  • LeNatt
    Cremas ecolóxicas e sen glute de froitos secos, granolas e snacks
  • Melsacra
    Apicultor
  • Queixo D.O.P. Cebreiro Castelo
    Elaboración de queixo
  • Mel Aialma
    Produtores de mel de montaña
  • Toulo –Alquimia Cárnica-
    Elaboradores de embutidos tradicionais e sorprendentes
  • Caracoles e conservas do Gallo
    Elaboración de conservas de caracol e pratos cociñados
  • Calabizo
    Alimentación gourmet 100 % vegetal
  • Licores Os Maios
    Licores artesanais
  • Sacrapastas
    Elaboración artesán e tradicional de repostería
  • Quesería Gaia gourmets
    Produción de queixos
  • Néboa na ría
    Fabricación de obxectos de madeira para a restauración e a gastronomía
  • Productos Lorri
    Fabricantes de salsas e condimentos
  • Campo Capela
    Fabricación e venda de produtos lácteos
  • Adega Viña Carpazal
    Bodega con vinos de autor de Cenlle con Denominación de Origen Ribeiro.
  • Terras de Boborás – apicultura
    Apicultor IXP de Galicia – artesanía alimentaria, e produtos gourmet a base de mel
  • Queixería Daniberto
    Queixería artesanal
  • Pura Vila
    Obrador de repostería e bodega de viño tostado no Ribeiro
  • Chanquete & Siccas
    Conservas gourmet de marisco, peixe e trufa negra
  • Casa da Avoa
    Conservas cárnicas gourmets
  • 100% Feito en Galicia
    Produción e venda de carnes baixo o selo 100% raza autóctona
     

     

      • Granxa Aeiroá
        Produción de ovo e carne de galiña de Mos, carne de cachena e carne de ovella galega
      • Gandaría Balín
        Produción de carne de vacún raza Limiá
      • Montes de Boado
        Produción de carnes de vacún de raza cachena e de ovella galega
  • Quinteiro doce
    Marca galega de doces
  • Paco & Lola
    Adega do Val do Salnés con viños 100 % albariño
  • El Nogal
    Fabricante de froitos secos
  • Martietas de Fío
    Galletas – pastas artesanais
  • Menduiña
    Cervexa artesá
  • Tetereta
    Venda de tés e infusións de autor
  • Terras da Mariña, S. COOP. Galega
    Comercialización de Faba de Lourenzá e Faba Verdina
  • Casa Merche
    Apicultura e produtos da colmea
  • Raizame
    Obradoiro de pastelería
  • Tupana Obrador
    Panadería: rosquillas, tartas e fabricación de produtos galegos
  • ValdaBella Group
    Venda de mel, licores, cervexas e hidromeis
  • Casa Donicio
    Queixería artesá e gandaría familiar
  • Requeixo As Neves e Mel
    Elaboración requeixo e envasado de mel
  • Vermut Povarelo
    Vermut Povarelo, elaborado no Carballiño
  • Pollo Pío Campero de Avigal
    Empresa dedicada á cría, sacrificio, despece e distribución de polo e outras variedades avícolas
  • Ke Tequeños
    Obradoiro de tequeños artesanais gourmet
  • CONSELLERÍA DO MAR

      • Mareterra conservas
        Conservas gourmet
      • Algas La Patrona
        Produtoras de algas galegas de recolección sostible. Conservas de algas artesanais, ecolóxicas e veganas
      • Contrabando da Ría
        Venda e distribución de conservas
      • Conservas Artesanas Gallegas
        Fabricación e comercialización de conservas de pescado e marisco
      • Conservas Lago Paganini
        Fabricantes de conservas de pescado e marisco desde 1915
      • Pepa A Loba
        Conservas, patés de marisco e pescado, licores, viño…
      • OPP95-NOIA
        Asociación de marisqueo
      • Mariscadora
        Conservas
  • Queixos Brigantia
    Lácteos
  • Orixes Galegas
    Porco celta
  • CroketasD’ – Patatotas
    Elaboración de croquetas, patacas chip e pratos quinta gama
  • Habelas Hailas licores
    Licores e viños
  • Galletas Pitucas – Burganas
    Fabricación de galletas
  • LALÍN SABE

      • Do Gaiteiro
        Granola artesá, marmeladas, galletas e bombóns
      • De Liñares Apicultura
        Produción de mel e pole
      • Licores Pousa
        Elaboración de licores galegos
      • Queixería Dona Cobiña
        Fabricación e venda de queixos do país

Espazo Gastro 2025

  • Crepería Carlos
    Crepes doces e salgadas e crepes veganas.
    Gofres artesáns
  • Misco midas foodtruck
    Burguers, perritos, polo frito, nachos, quesadillas…
  • Orixes Galegas foodtruck
  • Café Aruba
    Café

Ves á feira

e pasas a noite en Pontevedra?

Grazas ao acordo entre Etiqueta Negra e a Asociación de Hoteles Ciudad de Pontevedra, ademáis de con outro tipo de aloxamentos, podes beneficiarte dun 10% de desconto na tarifa.

Só tes que mencionar que ves á Feira Etiqueta Negra cando reserves directamente no hotel colaborador e obterás un desconto do 10% sobre os prezos publicados por cada establecemento.

Hoteis dentro da promoción:

HOTEL GALICIA PALACE ****

PARADOR DE PONTEVEDRA ****

HOTEL RÍAS BAJAS ***

HOTEL DABARCA ***

HOTEL VIRGEN DEL CAMINO ***

HOTEL ROOM**

HOTEL ALDA Estación **

HOTEL AVENIDA **

HOTEL CAMPANIOLA **

HOTEL HBB PONTEVEDRA COMFORT *

HOTEL RÚAS *

HOTEL MADRID *

HOTEL ALDA CENTRO *

Outros aloxamentos:

PONTELOFT APARTAMENTOS

Punto de Encontro Profesional

Servizo de reunións profesionais


Poñemos en contacto a produtores e distribuidores no mesmo recinto da feira e durante os tres días. Para iso tes á túa disposición o servizo de reunións, que sen custo algún, ofrece aos profesionais inscritos a posibilidade de reunirse cos expositores de maneira simple, áxil e organizada; ademais de acceso ilimitado á feira.

10 Razóns
para expoñer

Razón 1

Ser partícipe dunha feira profesional única nas súas características.

Razón 2

Gañar cota de mercado e conseguir presenza, imaxe e notoriedade, de forma económica e eficiente.

Razón 3

Achegar un valor engadido á súa empresa ao posicionar e vincular a súa marca a valores como a excelencia, a distinción, o prestixio, a calidade, a creatividade… e por suposto, a Galicia. Non en balde, estará poñendo a súa imaxe e os seus produtos á beira dos mellores, dos máis selectos.

Razón 4

Obter un alto volume de información nun curto prazo de tempo: poderá comprobar o grao de satisfacción e as reaccións de clientes reais potenciais, nunha interacción directa, cara a cara. Este feedback inmediato resulta moi útil na introdución de novos produtos ou na obtención de ideas para mellorar os xa existentes.

Razón 5

Excelente ocasión para presentar as súas novidades e xerar interese ante un público exclusivo, influente, prescritor, ávido por recibir información e expandir os seus horizontes.

Razón 6

Ademais de captar novos clientes, ampliar e mellorar as relacións comerciais cos seus clientes habituais e provedores, ofrecéndolles un evento único e atractivo como técnica de fidelización.

Razón 7

Coñecer, de primeira man, as novidades do sector participando en xornadas e actos paralelos, comentando problemas e novas tendencias con outros profesionais, indagando sobre a competencia…

Razón 8

Participar no Centro de Negocios, un espazo reservado e de uso exclusivo para os expositores, onde manter reunións comerciais con compradores interesados nos seus produtos.

Razón 9

Acadar repercusión mediática, a través dos medios de comunicación e das redes sociais.

Razón 10

É un investimento rendible, con stands económicos con todo incluído, preparados para colocar os seus produtos. Benefíciese ademais dos descontos por pronta contratación.

Contacta
con nós para ter información máis detallada

Se tes interese, podemos facerche chegar o dossier para expositores coa información detallada. Tipos de estands, prezos, e todo o que che ofrecemos para que a túa presencia sexa un éxito.

Escríbenos ao mail comercial@etiquetanegragourmet.com

Ou chámanos ao 986 101 323 / 669 459 453

PATROCINADORES

COLABORADORES

> Gráficas Anduriña > Efímera espacios temporales > Labauh Factory > CIFP Carlos Oroza

Pin It on Pinterest