Termos e condicións

Entradas

    • O prezo da entrada para acceder ao recinto feiral é de 3 € por día. Existe un abono de tres días que ten un custe de 5 €.
    • As persoas menores de 12 anos non pagan entrada.
    • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
    • Coa compra da súa entrada, segundo a modalidade adquirida (diaria ou abono de tres días), faráselle entrega dunha pulseira-entrada. Non se poderá acceder ao recinto sen levala posta no pulso. Con este sistema de acceso poderá entrar e saír do recinto cantas veces precise durante o período de validez da súa pulseira (1 ou 3 días). A rotura ou extravío da pulseira suporá a perda do dereito de admisión.
    • A entrada permite o acceso ao recinto e a participar nas actividades gratuítas que se realizan dentro do programa da feira, en función da capacidade máxima de cada espazo.
    • O acceso ás actividades gratuítas é por rigorosa orde de chegada ou inscrición ata completar a capacidade do espazo e actividade en cuestión. Consulte ao personal a capacidade para cada unha das actividades.
    • Consulta os requirimentos especiais para as actividades que se realizan na Zona de Catas, Viñoteca e no Espazo Etiqueta.

Zona de Catas e Viñoteca

    • Nestes espazos desenvólvense demostracións, degustacións, catas comentadas… en horario ininterrompido. Cada cata ten unha duración máxima de 30 minutos.
    • O acceso é gratuíto, pero require inscrición previa nos propios espazos desde unha hora antes do inicio da cata en cuestión. Consulta a programación e os horarios.
    • Realizada a inscrición, é imprescindible que te presentes na Zona de Catas ou na Viñoteca 5 minutos antes do comezo da actividade para ratificar a túa praza. De non ser así, disporemos da praza para a listaxe de agarda.
    • Se estás na listaxe de agarda, recomendámosche que acudas igualmente 5 minutos antes do comezo da actividade por se finalmente houbese vacantes.
    • As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades desenvolvidas na Zona de Catas ou Viñoteca.
    • As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol na Zona de Catas e na Viñoteca.
    • Capacidade limitada a 24 persoas por sesión na Zona de Catas e na Viñoteca e de 20 persoas no Espazo Etiqueta, se ben os produtores poden fixar un número inferior. Consulta na Zona de Catas a capacidade para cada cata en particular.

Actividades gratuitas no Espazo Etiqueta

    • Neste espazo desenvólvense presentacións de produtos, demostracións, degustacións, catas comentadas. Cada actividade ten unha duración variada. Consulta a programación.
    • O acceso é gratuíto, pero require inscrición previa no propio espazo desde unha hora antes do inicio da actividade en cuestión. Consulta a programación e os horarios.
    • Realizada a inscrición, é imprescindible que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes do comezo da actividade para ratificar a túa praza. De non ser así, disporemos da praza para a listaxe de agarda.
    • Se estás na listaxe de agarda, recomendámosche que acudas igualmente 5 minutos antes do comezo da actividade por se finalmente houbese vacantes.
    • As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades gratuitas desenvolvidas no Espazo Etiqueta
    • As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol no Espazo Etiqueta
    • Capacidade limitada a 20 persoas por sesión, se ben os produtores poden fixar un número inferior. Consulta no Espazo Etiqueta a capacidade para cada actividade en particular.

    Actividades no Anfiteatro

      • Neste espazo desenvólvense os showcookings con e sen degustación, así como determinadas presentacións de produtos. Consulta a programación e os horarios.
      • O acceso é gratuíto e non require inscrición previa. O acceso será por rigoroso orde de chegada ata completar a capacidade máxima: 120 persoas.
      • As actividades que precisen unha capacidade menor (como por exemplo showcookings con degustación) serán debidamente anunciadas no programa, na páxina web e nas redes sociais da feira.

    Facturas

    Os/as clientes/as poden descargar as facturas electrónicas das súas compras (entradas, abonos ou inscrición nos talleres) dende a súa área de cliente na web https://billeteira.etiquetanegragourmet.com/conta/ . Non obstante se precisan a factura en formato papel poden solicitala escribindo un email a comunicacion@etiquetanegragourmet.com  e enviarémoslla sen custos asociados.

    No caso de compras en persoa no acceso á feira (tanto en efectivo como con tarxeta) pode solicitar a factura no mostrador de recepción, ou escribindo un email a comunicacion@etiquetanegragourmet.com incluindo os datos de facturación e unha foto do ticket de compra.

     

    Se queres máis información:

    info@etiquetanegragourmet.com
    986 101 323 | 669 459 453

    PATROCINADORES

    COLABORADORES

    > Gráficas Anduriña > Efímera espacios temporales > Labauh Factory > CIFP Carlos Oroza

    Pin It on Pinterest