A feira gastronómica
ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora 
terá segunda edición e celebrarase os días

28, 29 e 30 de outubro de 2017.
Permanece atento/a ás novidades.

Guía xeral da feira

Descarga a guía xeral da feira en PDF

ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra que nace con vocación de continuidade.

Estamos quentando os fogóns para amosar tanto a ampla variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, como os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias.

Ademais de intensas xornadas de negocios, desenvolveremos un amplo programa de actividades dirixidas a cociñeiros profesionais, representantes de asociacións e grupos gastronómicos, empresarios do sector culinario e da alimentación, así como medios de comunicación especializados, plataformas de difusión do sector gastronómico, bloggers, afeccionados á cociña e amantes do bo comer.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

28, 29 e 30 de outubro de 2017

Recinto Feiral de Pontevedra

R

Prezo da entrada: 2 €

Etiqueta Negra aspira a converterse nun dos eventos gastronómicos máis destacados do país

A gastronomía galega é todo un referente e un importante motor da nosa economía. Os nosos produtos son sinónimo de calidade, tradición e autenticidade; produtos de gran calidade artesanal, pero ao tempo contemporáneos e innovadores, elaborados coa mellor materia prima e con sabor auténtico a Galicia; produtos que identifican un territorio, traspasan fronteiras e son demandados nos principais mercados estatais e do estranxeiro.

En Galicia comer sempre é un pracer. Galicia é despensa, pero tamén cociña.

Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos delicatessen e gourmet galegos. Será o mellor escaparate para presentar o gran potencial deste mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.

Punto de Encontro Profesional

Servizo de reunións profesionais


Poñemos en contacto a produtores e distribuidores no mesmo recinto da feira e durante os tres días nun horario de 11 a 20:00 h. Para iso tes á túa disposición o servizo de reunións, que sen custo algún, ofrece aos profesionais inscritos a posibilidade de reunirse cos expositores de maneira simple, axil e organizada; ademais de acceso ilimitado á feira.

Novas da pasada edición

Máis de 5.200 persoas visitaron Etiqueta Negra

Durante tres días, Pontevedra converteuse no mellor escaparate para presentar o gran potencial dos produtos galegos, sinónimo de calidade, tradición e autenticidade.
Dado o éxito de público e a resposta dos expositores e profesionais, a Concellaría de Promoción da Cidade anuncia que volverá a celebrarse en 2017

read more

Queres expoñer ou participar?

Déixanos os teus datos e poñerémonos en contacto contigo. Enche todos os campos e escribe o resultado da suma antes de premer enviar.

5 + 5 =

Premendo "enviar" aceptas que os teus datos sexan incorporados á nosa base de tatos co único fin de facer as xestións oportunas para a túa acreditación e a túa participación nesta feira.
Nunca compartiremosos teus datos con ninguén, e sempre podes pedir que te borremos dos nosos rexistros escribíndonos a info@etiquetanegragourmet.com

Se queres máis información:

info@etiquetanegragourmet.com
986 101 323 | 669 459 453
PROMOVE
Patrocinador principal
Patrocinan
Colaboran

Tawi | Gadis | CIFP Carlos Oroza | Gráficas Anduriña | Martínez Blanco Vestiario Profesional | Froiz

Pin It on Pinterest