Etiqueta Negra está de noraboa! A gran feira do produto gourmet galego acaba de facerse co premio «Del comer 2023» otorgado pola revista gastronómica e turística La Alacena Roja. A publicación celebrou este luns 11 de decembro o seu X aniversario, nun encontro, que servíu como escenario para a entrega dos premios ás mellores iniciativas turísticas e gastronómicas deste ano. A gala contou coa presenza do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, así como dunha nutrida representación dos sectores gastronómico e turístico de Galicia.

No encontro, celebrado no Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), entregáronse os premios a ‘Los mejores de 2023’ nas categorías ‘Del comer’, ‘Del beber’ e ‘Del viajar’. Un xurado mixto foi o encargado de dirimir o palmarés, a partir dunha listaxe de nove candidatos designados polo equipo editorial de da revista. Os lectores e lectoras cos seus votos a través da web www.laalacenaroja,com aportaron o 50% da nota, mentres que o outro 50% procede da valoración dun xurado profesional.

O xurado

Na categoría ‘Del comer’, o xurado estivo conformado polo reposteiro e formador Manuel Garea, o cociñeiro e presidente de Cociña Ourense, Gerson Iglesias; a xerente de Posada Marrón Glacé, María Posada e a gandeira e presidenta da Asociación de Empresarias Rurales de Galicia, Isolina Raña.

Na categoría ‘Del beber’ o xurado foi o sumiller e distribuidor Juan Ignacio Ayerbe; o barista e profesor Marcel Schaal; Cristina Alcalá, directora da Fundación Cultura Líquida e o presidente da Asociación de Cervexeiros Independentes Galegos Artesáns, Alberte Fernández.

Finalmente na categoría ‘Del viajar’ participaron como xurados profesionais: Joaquín San Martín Zamácola, Doctor en Derecho Público e ex inspector turístico; a guía profesional de Galicia e profesora, Ana Otero; a directora dos Paradores de Pontevedra e Cambados, Meritxell Marcos e o influencer e creador de contido Alberto Ribas.

Os premiados foron:

  • Na categoría ‘Del comer’ ETIQUETA NEGRA. Os outros dous finalistas foron Algamar e Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • Na categoría ‘Del beber’ o premio foi para CASTES. FEIRA INDEPENDENTE DO VIÑO. Os outros dous finalistas foron Mixtura Vinos Independientes e Ye Olde Basset.
  • Na categoría ‘Del viajar’ o gañador foi o BALNEARIO DE MONDARIZ. Os outros candidatos desta categoría foron ‘A Caída da Folla’ e a Red Española de Caminos Naturales.

Con motivo do décimo aniversario, La Alacena Roja decididíu crear un novo recoñecemento, concedido directamente polo equipo editorial, co que premiar a aposta diferencial que realizan establecementos de aloxamento e restauración que son referentes nos seus respectivos territorios. Trátase dos ‘Establecimientos Recomendados’, unha listaxe que arranca con sete hoteis e restaurantes, que se renovará anualmente. Os deste 2023 son: A Xanela Gastronómica, Cinza e Lume, Bela Fisterra, O Retiro do Conde, Quinta de San Amaro, Hostal-Restaurante La Viuda e A Artesa da Moza Crecha.

Noraboa a todos!

Pin It on Pinterest