Expositores

 

DESCARGA A
GUÍA XERAL PARA EXPOSITORES 2024

O mellor do gourmet galego nun único lugar

En novembro de 2024, decenas de expositores volverán presentar as súas liñas de produto gourmet. Marmeladas, cervexas, viños, queixos, aceites, cafés, licores, sidras, galletas, patés, carnes, salsas e aderezos, tortas e doces, conservas, embutidos, algas, innovación… Todo nun recinto de máis de 4.000 m2.

O prazo para participar como expositor xa está aberto. Se queres participar podes enviar un correo a comercial@etiquetanegragourmet.com ou chamar ao 669 459 453

Queres expoñer ou participar?

Déixanos os teus datos e poñerémonos en contacto contigo. Enche todos os campos e escribe o resultado da suma antes de premer enviar.

13 + 8 =

Para enviar tes que aceptar a nosa Política de Privacidade

Ves á feira

e pasas a noite en Pontevedra?

Grazas ao acordo entre Etiqueta Negra e a Asociación de Hoteles Ciudad de Pontevedra, ademáis de con outro tipo de aloxamentos, podes beneficiarte dun 10% de desconto na tarifa.

Só tes que mencionar que ves á Feira Etiqueta Negra cando reserves directamente no hotel colaborador e obterás un desconto do 10% sobre os prezos publicados por cada establecemento.

Hoteis dentro da promoción:

HOTEL GALICIA PALACE ****

PARADOR DE PONTEVEDRA ****

HOTEL RÍAS BAJAS ***

HOTEL DABARCA ***

HOTEL VIRGEN DEL CAMINO ***

HOTEL ROOM**

HOTEL ALDA **

HOTEL AVENIDA **

HOTEL CAMPANIOLA **

HOTEL HBB PONTEVEDRA COMFORT *

HOTEL RÚAS *

HOTEL MADRID *

HOTEL COMERCIO CITY EXPRESS *

Outros aloxamentos:

PONTELOFT APARTAMENTOS

Punto de Encontro Profesional

Servizo de reunións profesionais


Poñemos en contacto a produtores e distribuidores no mesmo recinto da feira e durante os tres días. Para iso tes á túa disposición o servizo de reunións, que sen custo algún, ofrece aos profesionais inscritos a posibilidade de reunirse cos expositores de maneira simple, áxil e organizada; ademais de acceso ilimitado á feira.

10 Razóns
para expoñer

Razón 1

Ser partícipe dunha feira profesional única nas súas características.

Razón 2

Gañar cota de mercado e conseguir presenza, imaxe e notoriedade, de forma económica e eficiente.

Razón 3

Achegar un valor engadido á súa empresa ao posicionar e vincular a súa marca a valores como a excelencia, a distinción, o prestixio, a calidade, a creatividade… e por suposto, a Galicia. Non en balde, estará poñendo a súa imaxe e os seus produtos á beira dos mellores, dos máis selectos.

Razón 4

Obter un alto volume de información nun curto prazo de tempo: poderá comprobar o grao de satisfacción e as reaccións de clientes reais potenciais, nunha interacción directa, cara a cara. Este feedback inmediato resulta moi útil na introdución de novos produtos ou na obtención de ideas para mellorar os xa existentes.

Razón 5

Excelente ocasión para presentar as súas novidades e xerar interese ante un público exclusivo, influente, prescritor, ávido por recibir información e expandir os seus horizontes.

Razón 6

Ademais de captar novos clientes, ampliar e mellorar as relacións comerciais cos seus clientes habituais e provedores, ofrecéndolles un evento único e atractivo como técnica de fidelización.

Razón 7

Coñecer, de primeira man, as novidades do sector participando en xornadas e actos paralelos, comentando problemas e novas tendencias con outros profesionais, indagando sobre a competencia…

Razón 8

Participar no Centro de Negocios, un espazo reservado e de uso exclusivo para os expositores, onde manter reunións comerciais con compradores interesados nos seus produtos.

Razón 9

Acadar repercusión mediática, a través dos medios de comunicación e das redes sociais.

Razón 10

É un investimento rendible, con stands económicos con todo incluído, preparados para colocar os seus produtos. Benefíciese ademais dos descontos por pronta contratación.

Contacta
con nós para ter información máis detallada

Se tes interese, podemos facerche chegar o dossier para expositores coa información detallada. Tipos de estands, prezos, e todo o que che ofrecemos para que a túa presencia sexa un éxito.

Escríbenos ao mail comercial@etiquetanegragourmet.com

Ou chámanos ao 986 101 323 / 669 459 453

PROMOVE
Patrocinador principal
 
 
 
 
Colaboradores

> Gráficas Anduriña
> Efímera espacios temporales
> Labauh Factory
> CIFP Carlos Oroza
> Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)

Pin It on Pinterest