Novas
do universo ETIQUETA NEGRA
Etiqueta Negra amosa o potencial do sector gourmet galego en Barcelona
O Centro Galego da cidade condal foi o escenario do acto de presentación de Etiqueta Negra, no que se deu a coñecer tamén unha selección de produtos das marcas expositoras.
Etiqueta Negra Gourmet preséntase en Barcelona
O produto gourmet galego presentarase no Centro Galego da cidade condal ante distribuidores e comercializadores do sector en Catalunya.
O sector gourmet galego amosou as súas novidades en Pontevedra a través de Etiqueta Negra
A segunda edición de Etiqueta Negra Gourmet contou con case 70 representantes da alta gastronomía e alimentos singulares galegos presentando os seus produtos. A organización da feira primou a singularidade, a orixinalidade e a maior calidade das referencias fronte á cantidade de expositores. O obxectivo principal é o de garantir ao máximo a excelencia dos produtos e o prestixio das firmas expositoras.
Todo preparado para Etiqueta Negra 2017, a gran cita co #GourmetGalego
Son case 70 os representantes do sector gourmet galego que van participar nesta segunda edición da feira.
Xunto a eles e elas, teremos a prestixiosos chefs galegos, como Yayo Daporta, Luis Veira ou Iñaki Bretal que van elaborar -con demostracións de cociña en directo- saborosas receitas con produtos galegos de alta calidade.
Máis de 5.200 persoas visitaron Etiqueta Negra
Durante tres días, Pontevedra converteuse no mellor escaparate para presentar o gran potencial dos produtos galegos, sinónimo de calidade, tradición e autenticidade.
Dado o éxito de público e a resposta dos expositores e profesionais, a Concellaría de Promoción da Cidade anuncia que volverá a celebrarse en 2017
Comeza a feira do sabor gourmet, empeza Etiqueta Negra
Coa inauguración da feira presidida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, comezan tres intensos días de actividade no Recinto Feiral de Pontevedra.
O Muíño de Cuíña presenta as súas fariñas de trigo do país producidas en muíño de pedra
Na actividade, prevista para o sábado 12 de novembro ás 11.30 h, falarase da traxectoria do muíño e darase a degustar pan feito cos distintos tipos de fariñas moídas a pedra.
O té galego protagonizará cinco obradoiros en Etiqueta Negra
O espazo expositivo conta cunha tetería na que un especialista en té vai impartir sesións comentadas e dirixirá degustacións das distintas variedades deste produto. A actividade está organizada pola Deputación Provincial.
Etiqueta Negra. Gourmet Galego e Innovación Inspiradora preséntase en Pontevedra
O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais -CITA- foi o escenario escollido para acoller o acto.
Un showcooking con produtos da zona, prato principal do Obradoiro da Escola de Hostalería da Mancomunidade do Salnés
Navallas, polbo e zamburiñas en diferentes elaboracións conforman os pratos de “Cociñas do Salnés”, unha sesión de cociña con degustación para o público asistente, que os alumnos da “Escola de Hostalería 8” do obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés preparan para a feira. A actividade celebrarase o luns 14 de novembro.