Novas
do universo ETIQUETA NEGRA
Talleres Etiqueta Negra, unha boa opción para formarse no gourmet
Como en edicións anteriores, Etiqueta Negra ofrece varias actividades de formación relacionadas co gourmet e a cociña. Se queres aprender a facer pan na casa con masa nai elaborada por ti mesmo/a, coñecer os segredos dun bo sushi preparado con ingredientes da terra, ou descubrir como facer snaks saudables para a túa actividade deportiva… os nosos talleres son unha boa opción.
A IV edición de Etiqueta Negra contará con sesións maxistrais dos chefs Pepe Solla, Iñaki Bretal, Iván Domínguez, Manu Sánchez, Yolanda León e Juanjo López, e Julio Sotomayor e Daniel Guzmán
Impulsada pola concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, que dirixe a socialista Yoya Blanco, Etiqueta Negra é xa unha cita consolidada para empresas e produtores do sector gourmet galego, profesionais da alimentación, da restauración e da distribución así como consumidores que valoran o que comen.
Manu Núñez, primeiro chef confirmado en Etiqueta Negra 2019
O cociñeiro coruñés, famoso pola súa participación no programa de televisión Tof Chef 2017, é copropietario do exitoso restaurante Arume de Barcelona. Ademais, creou a «Pulpada Electrónica», un multitudinario evento onde se xunta o mellor polbo á feira coa música electrónica máis actual. Núñez ofrecerá en #EtiquetaNegra19 un showcooking titulado «Encontrando o Norte».
IV Edición de Etiqueta Negra
A feira do Gourmet Galego celebrarase os días 9, 10 e 11 de novembro de 2019 en Pontevedra. A cervexeira Estrella Galicia será o patrocinador principal do evento Profesionais, produtores e consumidores volverán darse cita no Recinto Feiral de Pontevedra co obxectivo...
Etiqueta Negra pecha a súa terceira edición con máis de 8000 visitantes.
A cifra confirma a consolidación do evento como un dos máis importantes e populares no calendario feiral galego. Nesta edición aumentou notablemente tanto o público xeral e profesional, como o incremento da presenza de produtores que apostaron por Etiqueta Negra como escaparate para dar a coñecer os seus produtos.
Un centenar de produtores participan en Etiqueta Negra 2018
A poucos días do inicio da feira xa son un cento de referencias as confirmadas do mellor produto gourmet galego. Destacan pola súa singularidade, a súa orixinalidade e a maior calidade dos seus produtos.
Etiqueta Negra, unha feira para facer negocio
Esta edición Etiqueta Negra Gourmet dobrará o numero de produtores presentes. Contaremos con máis de 100 referencias do gourmet galego, polo que o evento vai ser máis interesante ca nunca para as relacións comerciais entre empresas.
Diego López, chef de La Molinera cociñará en Etiqueta Negra 2018
O cociñeiro de Lalín ofrecerá un showcooking o luns 12 de novembro ás 18.30h
«Fabas de Lourenzá con polbo», a receita de Benigno Campos en Etiqueta Negra 2018
O cociñeiro e alma do programa da TVG ofrecerá o primeiro showcooking do programa da feira, unha excelente mostra da gastronomía popular galega da que é gran divulgador.
Abertas as inscricións para participar nos talleres Etiqueta Negra 2018
Son 7 actividades de formación dirixidas ao público xeral e a profesionais do sector, que requiren de inscrición previa na nosa web.