Cargando Talleres

« Todos los Talleres

  • Este taller ha pasado.

Taller Redes Sociais. Do prato á Rede

noviembre 12 @ 1:00 pm - 2:00 pm

12€

Tickets

Tickets are not available as this taller has passed.

Para mercar

  • Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
  • Ao seguir o proceso, cubre os datos e acepta as condicións.
  • Finalmente preme o botón "Agrega al carrito".

Taller Redes Sociais. Do prato á Rede

Gústache cociñar? Levas tempo seguindo blogues de cociña? Se che gustaría compartir as túas propias receitas, pero crees que crear un blogue e poñelo en marcha ten que ser difícil, neste curso aprenderás que é máis fácil do que pensas.

Contido:

  • Como facer un blogue sobre gastronomía.
  • Temáticas máis axeitadas.
  • Aplicacións que debes usar.
  • Como facer boas fotografías para redes sociais.
  • Boas prácticas en comunicación para redes sociais.
  • Trucos e consellos para aproveitar e mellorar a presenza dixital.

Alberto Ribas é un community manager con ampla experiencia en xestión das redes sociais e actualización de contidos webs en adegas, restaurantes, hoteis e outras empresas do sector servizos. Desenvolve ademais traballos como fotógrafo e imparte formación en redes sociais e creación de blogues e páxinas web.

Creador de varios blogues relacionados con turismo, tempo libre e eventos, como ww.alvientooo.com e www.maisgrelos.com, colabora tamén en varias webs e publicacións do sector.

Colabora como xurado en moitos dos concursos gastronómicos que se organizan en Galicia ao longo do ano, e en programas como Come e fala e Sesión Vermú de Radio Galega.

Creador do Cocidoday (Día internacional do Cocido) o maior evento gastronómico en redes sociais e todo un referente no mundo da gastronomía 2.0.

Termos e condicións:

  • O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (2 € por día ou 5 € polo abono de 3 días).
  • Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
  • Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
  • Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
  • Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
  • No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.

Detalles

Fecha:
noviembre 12
Hora:
1:00 pm - 2:00 pm
Precio:
12€
Categoría del Taller:
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Organizador

Feira Gourmet Etiqueta Negra
Teléfono:
609030525
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Otro

Impartido por:
Alberto Ribas , Blogger e community manager

Recinto

Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra
Alexandre Bóveda sn.
Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
+ Google Map
Página Web:
http://www.pazodacultura.org

Pin It on Pinterest