Cargando Talleres

« Todos los Talleres

  • Este taller ha pasado.

Snacks saudables. Impartido por Lady Compostela. Patrocinado por Kitchen in

10 noviembre |4:30 pm - 6:15 pm

12€

Entradas

Tickets are not available as this taller has passed.

Para mercar

  • Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
  • Preme o botón "Agrega al carrito".
  • Cubre os datos, acepta as condicións e fai o pagamento.

Snacks saudables

Impartido por Lady Compostela

Patrocinado por Kitchen in

 

Este taller é ideal para aprender a preparar ideas distintas de snacks ou merendas enerxéticas, tanto para deportistas (pre ou post adestramento) como para persoas que queiran optar por opcións moito más saudables nas súas merendas. Son recetas sinxelas que poderás preparar na casa sen moita elaboración e que che axudarán a non caer en tentacións de produtos procesados cheos de calorías baleiras.

Neste taller aprenderás, da man da blogueira Lady Compostela, a preparar snacks empregando ingredientes como sementes, copos de cereais, frutas, frutas deshidratadas, froitos secos, etc..

Aprende a preparar

  • Boliñas de dátiles (energy balls)
  • Galletas de avena e plátano
  • Rochas de améndoa e chocolate
  • Pudin de chía con froita de tempada

Termos e condicións:

  • O prezo da entrada para acceder ao recinto feiral é de 3 € por día. Existe un abono de tres días que ten un custe de 8 €
  • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
  • As entradas de 1 día e os abonos son válidos para unha única persoa, e son intransferibles.
  • As persoas menores de 12 anon non pagan entrada á feira.
  • As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades desenvolvidas na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta.
  • As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol ou á Viñoteca.
  • Coa compra da súa entrada, segundo a modalidade adquirida (diaria ou abono de tres días), faráselle entrega dunha pulseira-entrada. Non se poderá acceder ao recinto sen levala posta no pulso. Con este sistema de acceso poderá entrar e saír do recinto cantas veces precise durante o período de validez da súa pulseira (1 ou 3 días). O extravío da pulseira suporá a perda do dereito de admisión.
  • A entrada permite o acceso ao recinto e a participar nas actividades gratuítas que se realizan dentro do programa da feira, en función da capacidade máxima de cada espazo.
  • O acceso ás actividades gratuítas é por rigorosa orde de chegada ou inscrición ata completar a capacidade do espazo en cuestión.
  • Consulta os requirimentos especiais para as actividades que se realizan na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta
  • O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (3 € por día ou 8 € polo abono de 3 días).
  • Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
  • Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
  • Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
  • Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
  • No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.

Detalles

Fecha:
10 noviembre
Hora:
4:30 pm - 6:15 pm
Precio:
12€
Categoría del Taller:

Organizador

Feira Gourmet Etiqueta Negra
Teléfono:
609030525
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Otro

Impartido por:
Lady Compostela
Patrocinado por:
Kitchen in

Recinto

Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra
Alexandre Bóveda sn.
Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
+ Google Map
Página Web:
http://www.pazodacultura.org

Pin It on Pinterest