Cargando Talleres

« Todos los Talleres

  • Este taller ha pasado.

Oro verde. Taller de tortilla, guacamole e salsas para acompañar á cochinita pibil de Yatecomeré

noviembre 11 @ 1:00 pm - 2:00 pm

12€

Tickets

Tickets are not available as this taller has passed.

Para mercar

  • Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
  • Ao seguir o proceso, cubre os datos e acepta as condicións.
  • Finalmente preme o botón "Agrega al carrito".

Taller de cociña Oro verde. Taller de tortilla, guacamole e salsas para acompañar á cochinita pibil de Yatecomeré

Neste curso elaboraremos –da man e guía do chef Rómulo Mendoza– tortillas mexicanas, guacamole e salsa de maneira artesanal, para así complementar e preparar tacos da deliciosa cochinita pibil de Yatecomeré.

Desde febreiro de 2013, Rómulo Mendoza comanda Roldán 37, Cocina de la Merced. O seu restaurante está situado no emblemático barrio de La Merced, na que fora a casa dos seus bisavós. A súa proposta gastronómica céntrase no rescate das receitas da súa avoa, dona Yolanda, e actividade á que tradicionalmente se dedicou a súa familia nos últimos 100 anos: a comercialización de chiles verdes. De feito, a empresa familiar é unha das máis importantes de México.

A especialidade de Roldán 37 é o chile en diversas versións, así como o guacamole e o prebe molcajeteada, acompañados de todopostes veracruzanos, entre outros pratos que presiden as mesas dos visitantes deste espazo gastronómico. O chef é tamén consultor e asesor principal en restaurantes en México e Estados Unidos como consultor e asesor principal, creando novos proxectos na industria da hostalaría, así como na elaboración de novos menús e propostas para lugares xa establecidos e recoñecidos, logrando manter na vangarda estes espazos.

Rómulo formou parte dos equipos de Canvas Bar (Xalapa, México), Vela Wine Bar (San Antonio, Texas) e foi responsable do restaurante Paloma Blanca Mexican Cuisine (San Antonio, Texas), traballando man a man con Richard Peacock, Nelly Olsen ou o chef Damien Watel, entre outros.

Termos e condicións:

  • O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (2 € por día ou 5 € polo abono de 3 días).
  • Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
  • Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
  • Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
  • Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
  • No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.

Detalles

Fecha:
noviembre 11
Hora:
1:00 pm - 2:00 pm
Precio:
12€
Categoría del Taller:
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Organizador

Feira Gourmet Etiqueta Negra
Teléfono:
609030525
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Otro

Impartido por:
Rómulo Mendoza , Chef de Roldán 37 (Cidade de México)
Coa colaboración de:
Yatecomeré

Recinto

Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra
Alexandre Bóveda sn.
Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
+ Google Map
Página Web:
http://www.pazodacultura.org

Pin It on Pinterest