Cargando Talleres

« Todos los Talleres

  • Este taller ha pasado.

Elabora, conserva e usa a túa propia masa nai. Impartido por Dani Pampín

10 noviembre, 2019 |6:30 pm - 7:30 pm

€12

Entradas

The numbers below include tickets for this event already in your cart. Clicking "Get Tickets" will allow you to edit any existing attendee information as well as change ticket quantities.
Entradas ya no están disponibles

Para mercar

  • Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
  • Preme o botón "Agrega al carrito".
  • Cubre os datos, acepta as condicións e fai o pagamento.

Elabora, conserva e usa a túa propia masa nai

Impartido por Dani Pampín de Amásame Bakery Lab

 

Neste taller coñeceremos os segredos da masa nai, base imprescindible para facer un bo pan.

Aprenderás a elaborala, conservala e empregala do xeito máis eficiente para que os teus pans sexan gourmet. 

Dani Pampín 

Éfillo e neto de panadeiros, 

Comezou de forma casual a axudarnapanadaría familiar sendo moi novo. Logo dun periodo de formación, titúlase en 2014 como técnico en panadería e pastelería continuando os seus estudos despois en Alemaña e con formacións en diferentes panadarías de Galicia e España.  
Dani Pampín traballou tamén como asesor en diferentes muíños de Galicia desenvolvendo unha fariña moída a pedra e un sistema de moendapropio que difundíu por todo o país. 

Pampín competín no Campeonato de España absoluto de panadería representando a Galicia e enCazorla logrou en 2018 o premio como mellorpanadeiroartesán de España. A día de hoxecompaxina o seu proxecto empresarial “Amásame Bakery Lab” coasesoramentodoutras empresas de panadaría de Galicia.  

Ademáis forma parte da directiva da Asociación Provincial de Panadeiros de Pontevedra e forma parte da Asociación Pan con Pan.

    Termos e condicións:

    • O prezo da entrada para acceder ao recinto feiral é de 3 € por día. Existe un abono de tres días que ten un custe de 8 €
    • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
    • As entradas de 1 día e os abonos son válidos para unha única persoa, e son intransferibles.
    • As persoas menores de 12 anon non pagan entrada á feira.
    • As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades desenvolvidas na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta.
    • As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol ou á Viñoteca.
    • Coa compra da súa entrada, segundo a modalidade adquirida (diaria ou abono de tres días), faráselle entrega dunha pulseira-entrada. Non se poderá acceder ao recinto sen levala posta no pulso. Con este sistema de acceso poderá entrar e saír do recinto cantas veces precise durante o período de validez da súa pulseira (1 ou 3 días). O extravío da pulseira suporá a perda do dereito de admisión.
    • A entrada permite o acceso ao recinto e a participar nas actividades gratuítas que se realizan dentro do programa da feira, en función da capacidade máxima de cada espazo.
    • O acceso ás actividades gratuítas é por rigorosa orde de chegada ou inscrición ata completar a capacidade do espazo en cuestión.
    • Consulta os requirimentos especiais para as actividades que se realizan na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta
    • O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (3 € por día ou 8 € polo abono de 3 días).
    • Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
    • Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
    • Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
    • Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
    • No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.

    Detalles

    Fecha:
    10 noviembre, 2019
    Hora:
    6:30 pm - 7:30 pm
    Precio:
    €12
    Categoría del Taller:

    Organizador

    Feira Gourmet Etiqueta Negra
    Teléfono:
    609030525
    Web:
    https://etiquetanegragourmet.com

    Otro

    Impartido por:
    Dani Pampín
    Coa colaboración de:
    Amásame Bakery Lab

    Recinto

    Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra
    Alexandre Bóveda sn.
    Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
    + Google Map
    Web:
    http://www.pazodacultura.org

    Pin It on Pinterest