Cargando Talleres

« Todos los Talleres

  • Este taller ha pasado.

Convértete en barista. Curso de iniciación

noviembre 12 @ 11:30 am - 12:30 pm

12€

Tickets

Tickets are not available as this taller has passed.

Para mercar

  • Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
  • Ao seguir o proceso, cubre os datos e acepta as condicións.
  • Finalmente preme o botón "Agrega al carrito".

Taller Convértete en barista. Curso de iniciación

Ideal para principiantes que queiran iniciarse nas habilidades básicas desta disciplina. Tamén para camareiros, persoal de hostalería e restauración que queiran mellorar a súa técnica.

Contido:

  • Coñecementos xerais do café.
  • Consellos para ser un bo barista.
  • Manexo de máquina espresso.
  • Elaborar o espresso perfecto.
  • O leite, como traballala.

Gonzalo Rodríguez é barista e tamén tostador profesional certificado de manera internacional. Vén de conseguir o terceiro posto no Campionato Nacional de Baristas organizado pola Specialty Coffee Association of Spain, no que tamén participou en 2016 e 2017.

En 2017 Gonzalo consagrouse como o terceiro mejor barista de Galicia en cafeteiras AeroPress.

Termos e condicións:

  • O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (2 € por día ou 5 € polo abono de 3 días).
  • Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
  • Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
  • Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
  • Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
  • No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.

Detalles

Fecha:
noviembre 12
Hora:
11:30 am - 12:30 pm
Precio:
12€
Categoría del Taller:
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Organizador

Feira Gourmet Etiqueta Negra
Teléfono:
609030525
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Otro

Impartido por:
Gonzalo Rodríguez
Coa colaboración de:
El Club del Café

Recinto

Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra
Alexandre Bóveda sn.
Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
+ Google Map
Página Web:
http://www.pazodacultura.org

Pin It on Pinterest