
- Este taller ha pasado.
Cociña Atlántica: peixes, mariscos, herbas de litoral e algas. Impartido por Miguel Mosteiro
11 noviembre, 2019 |4:30 pm - 5:30 pm
€12
Para mercar
- Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
- Preme o botón "Agrega al carrito".
- Cubre os datos, acepta as condicións e fai o pagamento.
Cociña Atlántica: peixes, mariscos, herbas de litoral e algas
Impartido por Miguel Mosteiro | Gastrolab Arousa
Traballaremos peixes, mariscos, herbas de litoral e algas da costa galega.
- PEIXES
Amosaremos varias técnicas de limpeza, desespiñado e cortes aos asistentes e eles mesmos farán algunha das técnicas e realizarán o prato que ao final degustarán
- MARISCOS
Ensinaranse técnicas e tratamentos do marisco para sacar o maior rendemento e elaboraremos unha receita con marisco para acompañar o peixe que degustarán.
- HERBAS DE LITORAL E ALGAS
Ensinaremos varias herbas de litoral e algas, así como os seus usos en cociña e utilizarámolas para o prato a elaborar.
Termos e condicións:
- O prezo da entrada para acceder ao recinto feiral é de 3 € por día. Existe un abono de tres días que ten un custe de 8 €
- Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
- As entradas de 1 día e os abonos son válidos para unha única persoa, e son intransferibles.
- As persoas menores de 12 anon non pagan entrada á feira.
- As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades desenvolvidas na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta.
- As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol ou á Viñoteca.
- Coa compra da súa entrada, segundo a modalidade adquirida (diaria ou abono de tres días), faráselle entrega dunha pulseira-entrada. Non se poderá acceder ao recinto sen levala posta no pulso. Con este sistema de acceso poderá entrar e saír do recinto cantas veces precise durante o período de validez da súa pulseira (1 ou 3 días). O extravío da pulseira suporá a perda do dereito de admisión.
- A entrada permite o acceso ao recinto e a participar nas actividades gratuítas que se realizan dentro do programa da feira, en función da capacidade máxima de cada espazo.
- O acceso ás actividades gratuítas é por rigorosa orde de chegada ou inscrición ata completar a capacidade do espazo en cuestión.
- Consulta os requirimentos especiais para as actividades que se realizan na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta
- O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (3 € por día ou 8 € polo abono de 3 días).
- Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
- Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
- Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
- Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
- No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.