Cargando Talleres

« Todos los Talleres

  • Este taller ha pasado.

Abono 3 días

9 noviembre |11:00 am - 11 noviembre |8:00 pm

8€

Entradas

Tickets are not available as this taller has passed.

Para mercar

  • Selecciona a cantidade de tickets que queres escribindo no cadro gris de arriba que por defecto pon "0"
  • Preme o botón "Agrega al carrito".
  • Cubre os datos, acepta as condicións e fai o pagamento.

Termos e condicións:

  • O prezo da entrada para acceder ao recinto feiral é de 3 € por día. Existe un abono de tres días que ten un custe de 8 €
  • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
  • As entradas de 1 día e os abonos son válidos para unha única persoa, e son intransferibles.
  • As persoas menores de 12 anon non pagan entrada á feira.
  • As persoas menores de 16 anos non poden acceder ás actividades desenvolvidas na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta.
  • As persoas menores de 18 anos non poden acceder ás actividades nas que se sirva alcohol ou á Viñoteca.
  • Coa compra da súa entrada, segundo a modalidade adquirida (diaria ou abono de tres días), faráselle entrega dunha pulseira-entrada. Non se poderá acceder ao recinto sen levala posta no pulso. Con este sistema de acceso poderá entrar e saír do recinto cantas veces precise durante o período de validez da súa pulseira (1 ou 3 días). O extravío da pulseira suporá a perda do dereito de admisión.
  • A entrada permite o acceso ao recinto e a participar nas actividades gratuítas que se realizan dentro do programa da feira, en función da capacidade máxima de cada espazo.
  • O acceso ás actividades gratuítas é por rigorosa orde de chegada ou inscrición ata completar a capacidade do espazo en cuestión.
  • Consulta os requirimentos especiais para as actividades que se realizan na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta
  • O prezo dos cursos NON INCLÚE O PREZO DA ENTRADA XERAL AO RECINTO. Deberás mercar a entrada á feira no acceso ao recinto. (3 € por día ou 8 € polo abono de 3 días).
  • Para participar no taller no que te matriculaches, deberás amosar o tícket que te enviaremos por correo electrónico, ben impreso ou ben no teu teléfono móbil ou tableta. Unha vez escaneado e validado o teu código QR poderás acceder.
  • Non se admiten cambios nin devolucións unha vez asignada a praza, isto é, unha vez feito o pagamento.
  • Para non incorrer en retrasos, pregamos que te presentes no Espazo Etiqueta 5 minutos antes de que comece a actividade.
  • Podes inscribirte e pagar a túa matrícula a través da páxina web www.etiquetanegragourmet.com ou no propio Espazo Etiqueta, desde unha hora antes do comezo da actividade, se quedan vacantes.
  • No caso de cancelación, ben porque non se acade o número mínimo viable de participantes (50% das prazas ofertadas), ben por calquera outro motivo alleo á organización, avisarémosche inmediatamente e devolverémosche o importe da matrícula no prazo máximo dunha semana e utilizando a mesma forma de pago empregada na inscrición. A cancelación non carrea ningún tipo de indemnización ou compensación máis aló da devolución do importe previamente abonado polo taller cancelado.

Detalles

Comienza:
9 noviembre |11:00 am
Finaliza:
11 noviembre |8:00 pm
Precio:
8€
Categoría del Taller:

Recinto

Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra
Alexandre Bóveda sn.
Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
Página Web:
http://www.pazodacultura.org

Organizador

Feira Gourmet Etiqueta Negra
Teléfono:
609030525
Página Web:
https://etiquetanegragourmet.com

Pin It on Pinterest