


Esta edición e de maneira excepcional, Etiqueta Negra cambia de formato para converterse en Etiqueta Negra Experiencias
INSCRICIÓNS
PROXIMAMENTE
Que son as experiencias?
Etiqueta Negra Experiencias é un programa de catas comentadas con produtos do Gourmet Galego. As catas ofrécense ao público xeral e estarán dirixidas por persoas expertas do sector do gourmet e do mundo da gastronomía.
Os protagonistas de Etiqueta Negra Experiencias serán os produtores e produtos do gourmet galego. Para esta edición especial contarase con referencias que teñan pasado nas pasadas edicións da feira.
Entre os produtos que se van degustar teremos: viños, queixos, doces, cafés, conservas, cervexas, vermús, precociñados, embutidos ou infusións. O programa completo darase a coñecer en breve. Permanece atento/a para non perder detalle!
Do 24 ao 29 de novembro de 2020
Pontevedra
Tamén por Streaming
De balde e con inscrición previa
Estas experiencias gastronómicas serán de carácter gratuíto, terán un aforo limitado e contarán con todas as garantías sanitarias. Por iso, para asistir será necesario reservar a praza a través dun formulario de inscrición que publicaremos na nosa web.
Ademais, haberá a posibilidade de seguilas de maneira virtual, xa que as catas vanse emitir en directo a través desta web e as redes sociais de @etiquetanegragourmet.
Seguridade sanitaria
Vai ser unha versión diferente e adaptada ás circunstancias sanitarias que estamos a vivir, polo que se gardarán estritas medidas de seguridade adaptadas aos protocolos para previr a covid-19.
Para que
Etiqueta Negra Experiencias é fiel á filosofía da feira gourmet que cada mes de novembro trae o máis destacado do sector a Pontevedra. O proxecto, excepcional e de pequeno formato, formúlase para apoiar ao sector primario e seguir difundindo a súa importancia para a gastronomía galega e para a sociedade xeral. Nesta edición especial, Etiqueta Negra seguirá contando co apoio de Hijos de Rivera.
Novas
Sexta edición de Etiqueta Negra, gourmet galego e innovación inspiradora
A cidade de Pontevedra volverase converter, por sexto ano consecutivo, no epicentro do gourmet galego coa celebración da feira profesional Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora. Profesionais, produtores e consumidores daranse cita os días 12, 13 e 14...
Etiqueta Negra pecha a súa quinta edición cun balance moi exitoso
A pandemia e ao cambio de datas motivado por ésta, non afectou a Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora, que pechou as súas portas con case 5.500 visitantes. Un dato moi destacable que ratifica a puxanza do sector gourmet galego entre o público...
Un centenar de produtores participarán na quinta edición de Etiqueta Negra
O programa da feira do gourmet galego contempla degustacións, cociña en vivo, catas comentadas, presentacións de produtos e outras moitas actividades arredor das delicatessen galegas. O recinto feiral de Pontevedra acollerá a quinta edición do evento os días 10, 11 e 12 de decembro de 2021.