A pandemia e ao cambio de datas motivado por ésta, non afectou a Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora, que pechou as súas portas con case 5.500 visitantes. Un dato moi destacable que ratifica a puxanza do sector gourmet galego entre o público profesional, e pon de manifesto o crecente interese por parte do público xeral nos produtos e a alimentación de calidade.

O día de maior afluencia de visitantes foi o domingo 12 de decembro, terceira xornada da feira e data da súa clausura. Ao longo de todo o día centos de persoas visitaron os diferentes stands (con máis de 100 expositores); participaron no programa de catas e viñoteca, e coñeceron as novidades do gourmet galego.

No apartado profesional cabe destacar o preacordo comercial asinado pola empresa expositora Sardino, vermú marineiro durante a feira, para exportar os seus produtos a un país africano: Ghana.

Péchase así a quinta edición e nuns días, coa chegada do novo ano, comezarase a preparar a sexta.

Etiqueta Negra 2021

Pin It on Pinterest