O obxecto é favorecer as visitas profesionais e as do público amante do gourmet galego. Tamén se pretende facilitar a participación dos expositores procedentes de todas as provincias galegas.
O cambio de día laborable (este ano a feira celébrase do 10 ao 12 de decembro) é unha das novidades de Etiqueta Negra este ano, no que a feira recupera o formato presencial e o nivel expositivo habitual. Etiqueta Negra abre de novo as súas portas para recibir a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, e ao que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas. Así o testemuñan as cifras de visitantes das edicións xa celebradas, superando as 8.000 persoas na última delas.
Un dato que confirma a consolidación de Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora como un dos eventos máis importantes e populares no calendario feiral galego.
A comercialización dos espazos expositivos xa está aberta.