A quinta edición de Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora xa está en marcha, e con interesantes novidades.

A primeira delas son as datas e días de feira.

Etiqueta Negra seguirá tendo tres días de duración, pero nesta ocasión celebrarase de venres a domingo.
As datas son: venres 6, sábado 7 e domingo 8 de novembro de 2020.

Este ano tamén mudan os horarios. Haberá dúas quendas, unha de mañá con horario de 11 a 14.30 e outra de tarde de 17.00 a 20.30 horas.
Ademais, de forma temporal, a feira adáptase para ofrecer ao público unha experiencia gastronómica especial e segura. Esta é unha das grandes novidades desta quinta edición, da que ofreceremos todos os detalles en breve.

 

Visitantes nunha degustación de produtos gourmet en Etiqueta Negra.

 

Etiqueta Negra 2020 celébrase con dous obxectivos principais:

  • Apoiar e axudar aos profesionais do sector a relanzar os seus negocios nestes momentos complicados derivados da expansión da Covid-19
  • Continuar na difusión da excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos

Unha feira segura

A feira abrirá as súas portas coas medidas necesarias para garantir a seguridade de todos os expositores, profesionais e público visitante. Para iso, contamos cun plan de seguridade específico que sigue as normas establecidas polas autoridades sanitarias. Entre outras medias implantarase o uso obrigatorio de máscara, realizarase un control do fluxo de visitantes con circuítos de entrada e saída, reforzarase a desinfección e a limpeza das zonas e ampliaranse e reordenaranse os espazos para garantir a distancia social. 

Etiqueta Negra 2020

Etiqueta Negra está organizada polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Yoya Blanco. “Nesta edición especial imos redobrar esforzos para que sexa unha feira rendible para os expositores, atractiva para os visitantes e segura para todos, asegura a concelleira socialista. Esa é a gran premisa para a edición deste 2020. 

A comercialización dos espazos feriais xa está aberta. Coma sempre, prímase a singularidade, a orixinalidade e a maior calidade dos produtos fronte á cantidade de expositores.

Etiqueta Negra xa está quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, así como os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

Vémonos en novembro.

 

Pin It on Pinterest