Etiqueta Negra é tamén unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Se es un profesional do sector e queres coñecer as posibilidades que a feira ofrece para a túa empresa, é importante que planifiques a túa visita a Etiqueta Negra 2018.
Desde a organización poñemos á disposición das empresas do sector a posibilidade de planificar unha AXENDA PROFESIONAL para celebrar reunións de traballo. Esta opción favorece a o acceso a novos mercados das marcas expositoras, así como a posibilidade de que exportadores, distribuidores e tendas gourmet coñezan e merquen novas referencias gourmet para traballar nas súas empresas.
Punto de Encontro Profesional
É o espazo no que, e ao longo das tres xornadas de feira, se desenvolverán estas reunións de traballo entre exportadores, distribuidores, tendas gourmet e restauradores… Unha intensa actividade que se pensa como apoio ao acceso a novos mercados e a expansión dos seus negocios.
Ofrecémos a xestión da Axenda Profesional de maneira totalmente gratuita cos seguintes servizos:
- Concertamos as vosas reunións cos expositores do voso interese no día e na franxa horaria que se adapte ás vosas necesidades
- Acreditámosvos cun acceso ilimitado ao recinto.
- Poñemos á vosa disposición un espazo de traballo axeitado para celebrar estas reunións e facer negocio.
Para solicitar máis información sobre o Punto de Encontro Profesional pode comunicarse con: infocomercial@etiquetanegragourmet.com