Será o encargado de pechar o programa de demostracións de cociña en directo da feira deste ano, e farao cun showcooking onde demostrará o seu bo facer nos fogóns co produto gourmet galego. Non é a primeira vez que acude a Etiqueta Negra, xa contaramos coa súa presenza na primeira edición, en 2016.
Desde hai 7 anos rexenta xunto á súa irmá, Ana López, o restaurante La Molinera (Lalín), toda unha institución se falamos de comer un bo cocido, aínda que non só de cocido logra a súa sona La Molinera. O chef califica a súa cociña como «clásica refinada». Propostas aparentemente sinxelas pero con moita cociña de fondo, incorporando a sabiduría e a tradición da xeración anterior. Como ten suliñado o propio Diego nalgunha ocasión, «nos nos nosos pratos hai moita cociña previa, moito caldo e moito sabor de Dios».
Traxectoria
Diego López Portas cursou estudos de técnico en cociña e técnico en pastelería panadería no CIFP Compostela (2005-‐2007). Durante esa etapa foi seleccionado como representante de Galicia no prestixioxo Spainskills 2007. Estudou hostalería e compatibilizou traballo e estudos en restaurantes de Santiago de Compostela como o Hotel Monumento San Martíño Pinario, Casa Felisa, ou a viñoteca LaViura.
Ao rematar os seus estudos fixo prácticas na casa de xantar Bierzo Enxebre (Santiago de Compostela) e prácticas de panadería e pastelería en A Fábrica de Doces (Rianxo). Continuou o seu período de formación alternando traballos durante tres anos en restaurantes de prestixio, como a Terraza do Casino de Madrid (chef Paco Roncero, dúas estrelas Michelín), restaurante Dos Cielos (Barcelona, chefs SergioTorres e Javier Torres, (unha estrela Michelín) ou Casa Solla (Pepe Solla, unha estrela Michelín).
No seu haber conta co recoñecemento como Cociñeiro do Ano no Forúm Gastronomico ’14, en A Coruña.