A mellor maneira de dar a coñecer o produto gourmet galego é, precisamente, amosándoo. Con esta premisa, Etiqueta Negra artellou esta mañá un acto de presentación da feira no que se quixo amosar o potencial do sector gourmet galego. O acto contou coa presenza dun importante número de persoas pertencentes, na súa maioría, a empresas do sector da alimentación e distribución como Casa Debasa; exportadoras como Gastro Gourmet Agency e tendas gourmet especializadas en produto galego como Ego Galego ou O lobo Galego. Tamén acudiron representantes de tendas que ofrecen produto gourmet de diferentes procedencias como El rincón delicatessen e, en xeral, profesionais do sector gourmet asentados en Barcelona. Todos eles puideron coñecer de primeira man as excelencias dos produtos gourmet galegos trasladados á cidade condal nesta ocasión. Todas as marcas expostas participarán en Etiqueta Negra 2018.
As 12 de mañá comezaba o acto que contou con Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra; Carlos Mandianes presidente do Centro Galego Barcelona; Gerardo Lagares, socio-director de Orballo; Cruz López, responsable de comunicación de Embutidos Lalinense; e Vanesa L. Chousa, membro da organización de Etiqueta Negra Gourmet, coma mestres de cerimonia. Foi, precisamente esta última, a encargada de presentar e explicar as características dos produtos e marcas expostas ante o público asistente. Logo desa presentación, ofreceuse unha degustación dos produtos durante a cal empresas distribuidoras e marcas realizaron contactos comerciais dos que agardamos moito éxito futuro.
Produto Gourmet Galego
Licores, viños, tortas, conservas, croquetas, queixos, marmeladas ou salsas protagonizaron a presentación de Etiqueta Negra de hoxe grazas as marcas expositoras que enviaron produto para esta presentación: Orballo, Licores Berrimes, Lemar elaboracións artesás, Queixos Leite Ulla, Embutidos Lalinense, Souto da Trabe, Chimichurri La Salsa, Amarelante S. Coop. Galega, Atalanta Madera, Conservas Gándara, Xacobleas, Torta de Sarria, A Pementeira, Narupa Vinos, Galeo-O noso aceite, Celeirós, Xianas galletas artesás, Carabuñas «Sabugueiro Gourmet», O Submarino Alta Conserva, Casa da Avoa, Bico de Xeado, Yatecomeré, Voalla Marmeladas Artesás. Xunto a estas marcas tamén se degustarou a cervexa de barrica do patrocinador principal de Etiqueta negra: Mahou.