O encontro estivo presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; acompañado pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías e a deputada de Sectores Produtivos Primarios, Eva María Villaverde.

Xunto a eles estiveron tamén representantes das marcas expositoras, patrocinadores e colaboradores da feira como: TAWI Momentos, Licores Berrimes, Hifas da Terra, Cervexa Faxilda, Mahou, CIFP Carlos Oroza ou o chef Iñaki Bretal do restaurante O Eirado.

No acto presentouse a programación oficial da feira, unha ampla proposta de actividades que reúne showcookings, degustacións, catas comentadas, presentacións de produto, conferencias ou coctelería molecular, entre outras moitas actividades. Elmonoconsombrero – Wedding planner ocupouse dun pequeno ágape posterior onde se puideron degustar exquisitos #ProdutosGourmet, maridados con viños galegos, como non podía ser menos.

Logo desta presentación oficial na cidade non queda nada para a posta de largo definitiva da feira, coa inauguración o próximo día 12 no Recinto Feiral.

Pin It on Pinterest