As influencias das viaxes e das gastronomías doutras partes do mundo, a capacidade de adaptación da cociña galega e a súa esencia centrarán o show cooking que Pepe Solla prepara para Etiqueta Negra.

Unha experiencia que permitirá aos asistentes coñecer a impronta das viaxes na cociña deste galardoado chef, e a súa visión da alta gastronomía en Galicia. Para Solla a identidade reside no produto, “é máis honesto comprar un produto de aquí, cultivado aquí e producido e recolectado aquí, aínda que logo lle deas un acabado con inspiración doutras cociñas do mundo, que facer un prato con receita tipicamente galega con produto de fóra”, afirma.

O chef falará da impronta das viaxes, da infuencia na súa cociña e da súa visión da gastronomía actual e do produto gourmet galego.

solla1

Pepe Solla

Cunha Estrela Michelín e tres soles Repsol, Pepe Solla (1966, Poio, Pontevedra) é un dos máximos expoñentes da alta cociña galega. Un universo creativo en continua evolución con novidades, como a recente apertura dun novo proxecto en Madrid: Atlántico, casa de comidas; ou a inminente aparición do seu primeiro libro. Estaremos moi atentos.

Pin It on Pinterest