O café é un dos artigos gourmet máis consumidos do mundo. Por esta razón non podía faltar á cita co gourmet galego que será Etiqueta Negra. E estará presente da man da firma pontevedresa Mafari café, especializada no servizo á hostalería. A marca vai presentar a súa gama Premium, composta polas catro variedades de café arábica (Brasil, Colombia, Guatemala e Etiopía). Trátase dunha selección de exclusivos cafés gourmet elaborados cos máis sofisticados procedementos de tostado.

mafari-cafe

Da semente á taza, o percorrido do bo café

Dentro do programa de actividades profesionais, Mafari Café ofrecerá tamén dúas charlas. A primeira delas fará un percorrido xeral polo mundo do café: Zonas de cultivo, variedades, procesos de elaboración, principais zonas produtivas a importancia dun bo café expresso, ou as pautas para a súa correcta elaboración, son só algúns dos temas que tratará Mafari Café na súa intervención….desde a  semente á degustación na taza. A segunda charla afrontará as últimas tendencias no consumo de cafés especializados. Sen dúbida, unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man o mundo do café e a gama Premium da marca.

Pin It on Pinterest