Show cookings, presentacións e cata de novos produtos, charlas para público profesional, ou as últimas tendencias na gastronomía galega centrarán a programación da feira, que se está a ultimar e que presentaremos nos próximos días.
Nesta primeira edición contaremos coa participación de chefs como Pepe Solla (restaurante Casa Solla), Xosé Torres Cannas (restaurante Pepe Vieira) e Iñaki Bretal (restaurante O Eirado), entre outros. Tamén teremos presentación de novos produtos, lanzamento de novas liñas gourmet, catas, exhibición de mobiliario especializado, conferencias e actividades dirixidas a profesionais da hostalería.
Unha completa programación que, estamos seguros, será de moito interese para público profesional e para todas aquelas persoas interesadas no gourmet e na excelencia gastronómica