Será este 19 de setembro, nun acto ao que asistirá a concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, Vanesa L. Chousa, representante da organización da feira e Gerardo Lagares, socio-director de Orballo.

Á cita co gourmet galego contará coa presenza de distribuidores e comercializadores do sector en Barcelona e Catalunya, así como xornalistas e medios especializados. O obxectivo principal é dar a coñecer a excelencia e calidade dos produtos gourmet de Galicia que se amosan anualmente en Etiqueta Negra. Nesta ocasión, presentarase e poderanse degustar unha selección de produtos dalgunha das marcas que van participar na edición de 2018, para a que xa está confirmada a presenza de máis de 70 expositores.

Barcelona é un mercado moi interesante para Etiqueta Negra, posto que na cidade a restauración galega conta cun amplo recoñecemento e prestixio e, mesmo, hai tendas gourmet exclusivas de produtos galegosademais dunha gran tradición culinaria e gastronómica,

Etiqueta Negra 2017

Evento destacado

Etiqueta Negra xa é un dos eventos gastronómicos máis destacados do país. Nesta, a súa terceira edición, reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores coa finalidade de coñecer as tendencias do mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. A feira é o mellor escaparate para presentar o potencial do mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.

Etiqueta Negra Gourmet Galego e Innovación Inspiradora celebrarase no recinto feiral de Pontevedra do 10 ao 12 de novembro de 2018. A Feira contará con máis de 70 produtores galegos e con chefs de renome que triunfan na alta restauración, como Pepe Solla, Lucía Freitas e Iñaki Bretal.