Nesta edición ampliáronse as referencias con respecto ás presentes en 2016: foie, porco celta, galiña de Mós, conservas ou tés foron algunhas das novas incorporacións que, xunto ás marmeladas, cervexas, viños, queixos, cafés, licores, sidras, galletas, patés, carnes, salsas e aderezos, tortas ou doces, ofreceron unha completa panorámica do bo facer e a excelencia produtiva do sector gourmet en Galicia.

O obxectivo da feira foi o de dar a coñecer as tendencias do mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Para elo, Etiqueta Negra reuníu durante tres días e nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores.

A feira contou, ademais, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e de Mahou; e coa Mancomunidade do Salnés como patrocinadores de actividades. Tamén se contou coa colaboración de Tawi, Froiz, Gráficas Anduriña, Martínez Blanco Vestiario Profesional, o CIFP Carlos Oroza e Gadis.

A feira en plena actividade

Intensa actividade

Xunto ao traballo da zona expositiva, en Etiqueta Negra contou cun amplo programa de actividades complementarias con cursos específicos para profesionais e público xeral para os que se esgotaron as prazas. Programáronse tamén charlas, presentacións de empresas, de produtos e de novas liñas gourmet. Houbo tamén degustacións, demostracións, exhibicións e catas comentadas.

A feira contou tamén coa participación de prestixiosos chefs do país posuidores de Estrelas Michelín, Soles Repsol e membros do Grupo Nove, como Iñaki Bretal (O Eirado), Luís Veira (Árbore de Veira), ou Paco Chicón e Sergio Musso (Ecléctic). Xunto a eles, elaboraron ante o público as súas creacións, cociñeiros e cociñeiras emerxentes que están a facerse un oco e marcando tendencia no sector.

Etiqueta Negra

Punto de encontro profesional

Ao igual que na primeira edición, Etiqueta Negra volverá favorecer o contacto e intercambio comercial entre expositores e distribuidores nunha área de traballo específica para tal fin. A Zona de Negocios, na que está previsto que se celebren máis de 300 reunións de traballo, cédese aos expositores de maneira gratuíta como apoio para facilitar o acceso a novos mercados e a expansión dos seus negocios.