Navallas, polbo e zamburiñas en diferentes elaboracións conforman os pratos de “Cociñas do Salnés”, unha sesión de cociña con degustación para o público asistente, que os alumnos da “Escola de Hostalería 8” do obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés preparan para a feira.  A actividade celebrarase o luns 14 de novembro.

salnes03

 

Os profesores Francisco Caneda e Rocío Lis serán os encargados de dirixir as elaboracións, explicar as composicións, ingredientes e maridaxes dos pratos. Durante as explicacións os alumnos irán preparando as racións para a degustación por parte dos asistentes. O menú estará composto por: Ensalada de Navalla con mango e vinagreta de frambuesa; Revisión de empanada de polbo con pasta filo e queixo Arzúa-Ulloa e un último prato composto de zamburiña envolta en pan de millo con cebola confitada. A maridaxe destes pratos farase con viños brancos da denominación de orixe Rías Baixas. A actividade presentouse en rolda de prensa no porto deportivo de Sanxenxo. No acto participaron a concelleira de Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; O alcalde de Sanxenxo e delegado de turismo da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Pita; o xerente da Mancomunidade; José Ramón García e a directora do obradoiro de Emprego, Puri Ferro.  

salnes02

 

A hostalería tamén protagonista

Á presentación asistiron como invitados representantes de diversas asociacións de hostaleiros, comerciantes e empresarios do sector turístico da comarca do Salnés. Na feira haberá actividades dirixidas específicamenbte a profesionais da hostalería, tanto para os que xa están consolidados como para os que apostan pola formación neste sector. Neste apartado é onde teñen cabida actividades coma a que fará a Escola de Hostalería 8 do Salnés, unha iniciativa que comezou a súa andaina no ano 2005 e que dirixe na actualidade, Puri Ferro. Etiqueta Negra aspira a converterse nun dos principais eventos gastronómicos de Galicia. Reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores coa finalidade de coñecer as tendencias do mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet galegos.

Pin It on Pinterest