“Unha delicia para o padal” así define Iñaki Bretal a Peneira de Mar, tamén coñecida como abalón, zapatiño da virxe ou bechas, entre outras denominacións. Os asistentes ao showcooking poderán comprobar a versatilidade deste produto e o seu alto valor gastronómico. A peneira de mar xa se comercializa en zonas como a Ría de Arousa desde hai un tempo aínda que, polo de agora, a súa presenza é mais forte en mercados internacionais que en Galicia. A proba, a súa cotización en mercados como o nipón con prezos por enriba dos 150 euros por tan só 80 gramos de produto.

ibretal

Iñaki Bretal

O chef pontevedrés comezou a súa traxectoria profesional en diferentes establecementos de restauración como cociñeiro e xefe de cociña. Tamén como profesor do centro Superior de Hostalería de Galicia. Na actualidade comanda o seu restaurante: O Eirado da Leña, un espazo único no centro histórico pontevedrés onde deleita os padáis máis esixentes. Pratos variados e saborosos, de gran calidad e baseados na esencia do produto centran a súa oferta. O Eirado é un espazo acolledor como se da propia casa se tratara, onde o mellor produto e a sinxeleza son protagonistas.

Pin It on Pinterest